Pestanas principais

O alumnado da escola infantil municipal da Madalena visitou a Casa do Concello

Mércores, 16 de maio de 2012

[16-05-2012] Os nenos e nenas visitaron o salón de plenos onde foron recibidos por seis concelleiros/as do goberno municipal. Os rapaces puideron sentarse nas cadeiras que ocupan o alcalde e os concelleiros durante os Plenos. Ademais, puideron sacar unha foto co bastón do alcalde. A continuación baixaron á praza do Concello onde puideron subir na moto e conducir un dos coches da Policía local. Esta actividade enmárcase dentro do programa Coñecendo o contorno máis próximo.

Un grupo de 60 nenos/as de 2 a 3 anos da escola infantil municipal A Madalena visitaron esta mañá a Casa do Concello. O motivo da visita foi instrutivo e lúdico á vez. Os nenos e nenas visitaron o salón de plenos onde foron recibidos por seis concelleiros/as do goberno municipal.

Os rapaces puideron sentarse nas cadeiras que ocupan o alcalde e os concelleiros durante os Plenos. Ademais, puideron sacar unha foto co bastón do alcalde. A continuación baixaron á praza do Concello onde puideron subir na moto e conducir un dos coches da Policía local. Esta actividade enmárcase dentro do programa Coñecendo o contorno máis próximo. Como soe ser habitual todos os anos os nenos e nenas de 2 a 3 anos da escola infantil municipal A Madalena visitaron esta mañá a Casa do Concello.

A vista comezou no salón de Plenos onde os 60 nenos e nenas que participaron neste visita foron recibidos por seis concelleiros e concelleiras do goberno municipal. Nesta recepción participaron o concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo, Turismo e Educación, Bernardo Moar, o concelleiro de Persoal, Reforma Administrativa, Servizos e Urbanismo, Ramón García Argibay, a concelleira de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, María González, o concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro, o concelleiro de Vías, Obras, Parques, Xardíns e Patrimonio, Alfredo Taboada, e o concelleiro do grupo municipal popular, Alfonso Rey.

Os nenos e nenas puideron sentarse nas cadeiras que ocupan o alcalde e os concelleiros durante os Plenos, ocupando por un día os espazos de responsabilidade dos maiores. Os nenos mostráronse encantados con esta iniciativa e sentáronse nas diversas butacas do salón. Os pequenos tamén puideron sacar unha foto co bastón de mando do alcalde.

Por último, o alumnado fíxolle entrega dun pequeno agasallo a cada un dos concelleiros/as. Os nenos/as fixeron un pisapapeis para cada un dos concelleiros/as. Os concelleiros tamén quedaron encantados co agasallo que lle entregaron os cativos. Esta peza os foi elaborada previamente polos nenos e nenas nas aulas da escola.

Despois de estar no salón de Plenos os cativos baixaron ata a praza do Concello. Os nenos e nenas puideron montar na moto e conducir un dos coches da policía local. Foi o que máis lles gustou da visita pois resultoulles moi emocionante poder conectar o sistema de alarmas da moto e do coche e ver as súas luces funcionando, así como poñerse os cascos que empregan os e as motoristas da policía local. Ademais, durante a semana pasada os axentes da Policía local estiveron na escola infantil municipal A Madalena para impartir un curso de seguridade viaria que estivo dirixido ao alumnado de 2 a 3 anos.

Cómpre dicir que esta actividade enmárcase dentro do programa Coñecendo o contorno máis próximo. Todas as actividades deste programa teñen como obxectivo achegar aos nenos e nenas ao seu exterior máis inmediato, así como ensinarlle o funcionamento de distintos organismos que son fundamentais para a súa vida diaria, como a policía local, grupo indispensable na protección e atención ao cidadán, tal como aprenderon esta mañá os cativos.