[11-04-2018] As nenas e nenos de 2 a 3 anos da escola infantil municipal O Bosque estiveron a traballar sobre os animais ao longo de todo un mes. A unidade temática finalizou coa visita á explotación gandeira “Finca Cruceiro”, na Escravitude, onde puideron ver como se lles dá de comer ás vacas, como se moxen, como se coida das crías ou como se emprega o tractor, entre outras cousas.
Após un mes centrado nos animais, as nenas e nenos de 2 a 3 anos da EIM O Bosque realizaron unha visita á explotación gandeira “Finca Cruceiro”, na Escravitude. Unha explotación onde se produce o leite co que Nestlé elabora diferentes produtos lácteos como o leite condensado, o doce de leite ou o leite evaporado.
O traxecto ata a explotación foi realizado en autobús. A súa chegada, estábanos esperando os representantes de Nestlé e as persoas propietarias da finca, quen ao longo da xornada foron as encargadas de explicarlle ás crianzas os diferentes traballos que se realizan na explotación: alimentar ás vacas, recoller o leite, coidar das crías...
Durante a visita, as nenas e nenos tamén puideron ver a zona onde se atopaban os tenreiros recen nacidos e a sala de muxir as vacas. Así mesmo, tamén tiveron a oportunidade de ver ás galiñas e a unha burra moi mansa, na que as cativas e cativos puideron subir as veces que quixeron.
Antes de marcharen, os representantes de Nestlé entregaron ao alumando e ao profesorado que o acompañou un agasallo, consistente nunha bolsa con varios produtos lácteos da marca.
Contido relacionado
Compostela 24 Horas: "El alumnado de la EIM O Bosque visita la explotación láctea Finca Cruceiro"
Ames Go: "Nenas e Nenos da EIM O Bosque visitan unha explotación gandeira"