Pestanas principais

O alumnado da EIM O Bosque prepara o cacho antes do día de San Xoán

Xoves, 30 de xuño de 2016

[30-06-2016] O alumnado da EIM O Bosque quixo celebrar o día de San Xoán facendo o seu propio cacho. O cacho é a preparación de sete herbas, mesturadas coa auga de sete fontes, coa que a xente se lavaba a cara pola mañá o día de San Xoán. As familias axudaron aos nenos e nenas aportando auga e herbas.

As mestras explicaron nas aulas que as herbas que se empregan habitualmente para preparar o cacho son o fiúncho, a herba Luísa, a xesta, o fento macho, a malva, a herba de San Xoán e mais o romeu. Todas estas plantas foron e son coñecidas polas súas propiedades medicinais. O seu aroma axuda a escorrentar os malos espíritos das casas. O cacho prepárase pola noite e emprégase á mañá seguinte. As familias foron as que aportaron estas herbas e as levaron até a escola. Ademais levaron auga de distintas fontes, xa que a tradición di que o líquido debe recollerse de sete lugares diferentes.

As nenas e os nenos aprenderon que na noite de San Xoán as herbas acadan o mellor das súas propiedades máxicas. Tamén que por ese motivo as mozas recollíanas e poñíanas nun caldeiro con auga, onde ficaban toda a noite recollendo o orballo. Pola mañá toda a familia, e en especial as nenas e os nenos da casa, lavan a cara con este auga milagreira. Os pequenas e pequenas da escola fixérono ademais na súa escola.