Pestanas principais

O alumnado da EIM O Bosque aprende o funcionamento dos corpo policial e o de bombeiros da man dos seus membros

Sábado, 07 de maio de 2016

[07-05-2016] Os bombeiros de Brión e dous membros da policía local amesá visitaron en abril a Escola Infantil Municipal O Bosque, de Bertamiráns. Desta forma puideron explicarlle ao alumnado de 2 a 3 anos o día a día nas súas profesións; actividade enmarcada na unidade didáctica dos oficios sobre a que están a traballar na escola.


Os bombeiros de Brión foron os primeiros en visitar o Bosque. Os alumnos e alumnas coñeceron da súa man todas as actividades que realiza un bombeiro no seu día a día, e os problemas aos que se enfrontan. Comprobaron as distintas partes do uniforme dun bombeiro, probáronse o caso e as gafas especiais que empregan. Ademais, unha vez no patio, puideron empregar a mangueira do camión de bombeiros, abraiándose da forza coa que saía o chorro de auga.

Na segunda visita foron dous membros da policía local amesá os que charlaron coas nenas e nenos. Ademais de falarlles da súa profesión mostraron aos alumnos e alumnas a súa identificación, o seu uniforme, e ensináronlles as esposas que sempre levan con eles. Os nenos e as nenas quixeron probalas para comprobar o seu funcionamento. Trala conversa ambos oficiais axudaron aos pequenos e pequenas como se acendían as luces do coche policial, permitíronlles falar pola radio, tocar a serea e subirse á moto policial.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Visita de la policía y bomberos a los niños de O Bosque"