Pestanas principais

O alumnado da EIM A Madalena tamén celebrou o San Xoán na escola

Luns, 26 de xuño de 2017

[26-06-2017] As nenas e nenos da EIM A Madalena viviron dobremente o San Xoán, xa que tamén o celebraron na escola. Así, para coñecelo un pouco mellor, o alumnado viu fotos de cacharelas e sardiñadas, cantou cancións vinculadas a esta festividade, lavou a cara coas herbas de San Xoán e incluso saltou unha pequena fogueira.

O alumando da EIM A Madalena do Milladoiro tamén celebrou o San Xoán na escola. Para que as e os máis pequenos coñecesen máis sobre esta festividade, mostráronselle imaxes de cacharelas, sardiñas, leña cortada, así como outras de persoas saltando as fogueiras. Tamén escoitaron a canción de Pablo Díaz “No San Xoán a sardiña molla o pan”.

Alén diso, a EIM A Madalena tamén tivo a súa pequena cacharela, para que as nenas e os nenos puidesen botar o meigallo fóra. Asemade, tamén realizaron outra das actividades típicas desta data, como é lavar a cara coas herbas de San Xoán.