[31-01-2018] Este martes, 30 de xaneiro, celebrouse o Día escolar da paz e a non violencia. Para conmemorar dita efeméride, as nenas e nenos da escola infantil da Madalena, no Milladoiro, estiveron traballando na última semana para aportar o seu gran de área. O obxectivo das actividades realizadas, enmarcadas dentro do programa anual deste curso, foi ensinarlle ao alumando a importancia dos valores relacionados coa paz.
A paz foi o tema central das actividades realizadas na última semana polo alumando da EIM A Madalena. Deste xeito, coa finalidade de conmemorar o día escolar da paz e a non violencia, o profesorado buscou reforzar nestes días o cariño e a empatía entre o alumando, promovendo a axuda mutua e a partilla. Así mesmo, o profesorado da escola tamén organizou diversas actividades dirixidas a achegar os valores relativos á paz ás nenas e nenos.
Así, para conmemorar a efeméride que se celebra anualmente cada 30 de xaneiro, o alumando da Madalena realizou un mural no que deixaron plasmadas, con cor, as súas mans e os seus pés. Ao longo destes días, o alumnado tamén soltou globos brancos, bailou cancións e leu contos vinculados aos valores da paz.




