Pestanas principais

O alcalde solicita que se reforce o transporte para o persoal sanitario residente en Ames

Luns, 12 de febreiro de 2024

O alcalde de Ames, Blas García, vén de enviarlle unha carta á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade solicitándolle que se reforce o servizo de transporte público para o persoal sanitario residente en Ames que cubra as tres quendas de traballo. Trátase dunha demanda dos propios traballadores/as do complexo hospitalario que están tendo serias dificultades para acudir aos seus postos de traballo debido á imposibilidade de aparcar nas inmediacións do CHUS.

O rexedor municipal indica na carta enviada á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que debido ao gran trastorno que están causando as obras de ampliación do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela; “vémonos na obriga de solicitar un reforzo do transporte para o persoal sanitario residente en Ames que cubra as tres quendas de traballo”.

Engade que “esta é unha demanda dos propios traballadores do complexo hospitalario, que están tendo serias dificultades para acudir aos seus postos de traballo debido á imposibilidade de aparcar nas inmediacións do CHUS”.

Esta solicitude está baseada no reiterado compromiso da Xunta de Galicia de “mellorar os servizos de transporte publico interurbano adaptándoos, na medida do posible, ás necesidades de mobilidade dos/as usuarios/as”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El alcalde de Ames solicita a la Xunta el refuerzo de transporte para personal sanitario residente en el municipio"

Ames Go: "O alcalde reclama á Xunta o reforzo do transporte para o persoal do Sergas residente en Ames"

Lindeiros: "Reclaman refozo no transporte do persoal sanitario residente en Ames"

Imaxe de arquivo