Pestanas principais

O alcalde Santiago Amor reasigna as competencias de Cultura, Educación e Patrimonio en tres concelleiros do grupo de goberno

Martes, 17 de abril de 2012

[17-04-2012] O alcalde de Ames, Santiago Amor, asinou hoxe os decretos nos que se recolle a redistribución das competencias de Cultura, Educación e Patrimonio, que ata o de agora asumía Alfonso Rey. Cómpre lembrar que Alfonso Rey López presentou o pasado 10 de abril a súa renuncia a exercer de concelleiro de Cultura, Educación e Patrimonio por cuestións persoais relacionadas coa súa saúde.

En virtude dos decretos asinados hoxe, as competencias de Educación pasarán a ser xestionadas por Bernardo Moar; Cultura pasa a ser competencia de Eugenía Martín; e Patrimonio será xestionado por Alfredo Taboada. A renuncia de Rey López limitarase a continuar exercendo a concellería delegada de Cultura, Educación e Patrimonio, pero seguirá mantendo a súa acta de concelleiro da Corporación municipal.

Tras reunirse co grupo municipal, o rexedor Santiago Amor decidiu redistribuír as competencias de Cultura, Educación e Patrimonio entre tres concelleiros que xa formaban parte do equipo de goberno. Deste xeito, Bernardo Moar exercerá a partir de agora como concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo, Turismo e Educación; Eugenía Martín asumirá as competencias de Medio Ambiente, Sanidade e Cultura; mentres que Alfredo Taboada será concelleiro de Vías, Obras, Parques, Xardíns e Patrimonio.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Amor reparte las concejalías que llevaba Rey sin atender a sus recomendaciones"