Pestanas principais

O alcalde e os concelleiros do grupo de Goberno de Ames con dedicación exclusiva renuncian ao cobro da paga extra de Nadal

Venres, 14 de setembro de 2012

[14-09-2012] O alcalde e concelleiros do grupo de Goberno do Concello de Ames con dedicación exclusiva anunciaron hoxe a súa renuncia ao cobro da paga extra de Nadal, en solidariedade coas medidas que afectarán aos funcionarios municipais. O grupo de Goberno tomou este acordo e así llo trasladou aos representantes dos traballadores do Concello.

Deste xeito, o alcalde de Ames, Santiago V. Amor Barreiro; o concelleiro de Persoal, Reforma Administrativa, Servizos e Urbanismo, Ramón García Argibay; o concelleiro de Comercio, Promoción Económica, Traballo, Turismo e Educación, Bernardo Moar Míguez; a concelleira de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude, María González Gómez, e o concelleiro de Deportes, Tempo Libre e Voluntariado, Manuel Ferreiro Santiago, deixarán de recibir esta paga trala aprobación o pasado 13 de xullo no Consello de Ministros do Real Decreto-Ley 21/2012. Esta medida estenderase tamén ao persoal de confianza do Concello de Ames, que renunciará ao cobro desta paga extra.

O rexedor amiense subliñou que, deste xeito, o grupo de Goberno de Ames “súmase ao esforzo que deberán facer os funcionarios e a sociedade en xeral nestes momentos de incerteza económica”. “Somos conscientes da complicada situación actual e entre todos debemos achegar o noso gran de area para facer fronte á crise económica”, engadiu.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El gobierno municipal de Ames renuncia a la paga extra de Navidad"