Pestanas principais

O alcalde e maila concelleira de Benestar Social visitan a mulleres centenarias de Ames

Venres, 04 de marzo de 2022

O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, están realizando unha rolda de visitas ás persoas centenarias do concello. Dita rolda comezou coa visita a tres mulleres centenarias: Elvira Fernández Jardón (100 anos), que reside na rúa Agro da Madalena, no Milladoiro;  Cecilia Blanco Blanco (101 anos), de Paraxe do Porto, en Bertamiráns; e Carmen María Cobas Antiqueira (101 anos), do lugar de de Punxeiras Altas, en Ortoño.  A través desta iniciativa trátase de poñer en valor ás persoas maiores do concello.

O Goberno municipal comezou unha rolda de visitas ás persoas centenarias que terán continuidade no tempo. Deste xeito, durante as últimas semanas o alcalde, Blas García, e maila concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, visitaron a tres persoas centenarias. O obxectivo é poñer en valor ás persoas maiores do concello. O alcalde, Blas García, destaca que “Ames é un concello eminentemente xoven, coa idade media máis baixa de Galicia, pero tamén hai que poñer en valor a todas as persoas maiores do municipio”.  

Aínda que o Concello de Ames é o concello máis xoven de Galicia, existe un importante número de persoas maiores. O concello de Ames conta con 8 mulleres con 100 ou máis anos. Ademais, hai 3.067 persoas maiores de 70 anos (1.802 mulleres e 1.265 homes). Por franxas de idade; de 70 a 79 hai 1.927 persoas (1.069 mulleres e 858 homes); de 80 a 89 anos existen censadas 893 persoas (554 mulleres e 339 homes); e de 90 a 99 anos están rexistradas 239 persoas (171 mulleres e 68 homes).

A primeira visita realizouse a Elvira Fernández Jardón, que ten 100 anos e reside na rúa de Agro da Madalena, no Milladoiro. A segunda visita foi a Cecilia Blanco Blanco, de 101 anos, que vive na rúa Paraxe do Porto, en Bertamiráns. A terceira e última visita polo momento, foi a Carmen María Cobas Antiqueira, tamén de 101 anos, da aldea de Punxeiras Altas, na parroquia de Ortoño.

Como mostra de cariño o alcalde e maila concelleira, en representación do Concello de Ames, fixéronlle entrega as tres duns detalles. Nos vindeiros meses continuarán as visitas.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Ames agasaja a sus centenarias"

Visita a Carmen María Cobas Antiqueira

Multimedia

  • Visita a Carmen María Cobas Antiqueira
  • Visita a Elvira Fernández Jardón
  • Visita a Carmen María Cobas Antiqueira
  • Visita a Carmen María Cobas Antiqueira
  • Visita a Elvira Fernández Jardón