Pestanas principais

O alcalde e a concelleira de Promoción Económica visitan a sede de Iluminaciones Santiaguesas

Domingo, 31 de maio de 2026

O alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, visitaron o pasado mércores a sede de Iluminaciones Santiaguesas, situada no lugar da Agrela. Iluminaciones Santiaguesas é unha empresa fundada en 1992 dedicada á instalación, mantemento e fabricación de estruturas de alumeado e conta cun equipo de persoal de 30 traballadores e traballadoras que segue en crecemento ano tras ano. Actualmente, a empresa está comandada pola segunda xeración. 

O pasado mércores, 27 de maio, o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, visitaron as instalacións da empresa amesá Iluminaciones Santiaguesas, localizada na aldea da Agrela. Deste xeito, o goberno municipal puido coñecer de primeira man os labores que a empresa realiza nos 16.000 metros cadrados que ocupa a súa nave. 

O alcalde de Ames, Blas García, destaca o orgullo que supón para Ames contar con empresas da calidade como Iluminaciones Santiaguesas, que é unha referencia no eido da iluminación decorativa e para festas en toda Galicia. Esta empresa que conta coa súa sede central no lugar da Agrela conta con preto de 50 anos de experiencia. Primeiro como Iluminaciones Vázquez e despois desde 1992 coa marca actual”.  

Blas García engadiu “sentímonos moi orgullos do traballo que realizan empresas como Iluminaciones Santiaguesas no noso concello. En Ames contamos con empresas que son punteiras a nivel nacional e internacional, algo que temos que coidar e potenciar para seguir medrando”. 

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que “Iluminaciones Santiaguesas leva anos sendo a empresa adxudicataria do servizo de decoración de Nadal do Concello de Ames. Realizan un excelente traballo neste servizo e noutros servizos de deseño e montaxe de iluminacións para festas e eventos, así como calquera tipo de instalación eléctrica. Para nós é un orgullo que esta empresa teña a súa sede en Ames porque xera emprego e dinamiza a economía local”.

Sobre Iluminaciones Santiaguesas
Iluminaciones Santiaguesas é unha empresa amesá fundada no ano 1992 e ten a súa base no lugar da Agrela, onde conta cun centro loxístico de 16.000 metros cadrados. En mans da segunda xeración, esta entidade dedica a súa actividade á instalación de alumeados ornamentais en 35 concellos galegos, o mantemento de alumeados públicos e ao deseño, fabricación e montaxe de decorados para empresas como Hijos de Rivera ou Coren. 

Tamén realiza instalacións eléctricas eventuais para feiras, eventos e concertos, realizando a maior parte dos festivais de música galegos, como O Son do Camiño (que conta con arredor de 45.000 asistentes diarios) ou o Resurrection Fest (con arredor de 30.000 asistentes diarios). Todo isto, cun compromiso medioambiental que se ve reflectido na obtención dos certificados ISO 9001 e 14001.

O alcalde e a concelleira de Promoción Económica visitan a sede de Iluminaciones Santiaguesas

Multimedia

  • O alcalde e a concelleira de Promoción Económica visitan a sede de Iluminaciones Santiaguesas