[15-11-2014] A igrexa de Santo Tomé de Ames viuse afectada na tarde de onte pola caída dun raio que provocou importantes danos materiais na súa cuberta.
A igrexa de Santo Tomé de Ames viuse afectada na tarde de onte pola caída dun raio que provocou importantes danos materiais na súa cuberta.
O episodio meteorolóxico afectou a boa parte do tellado da igrexa de Santo Tomé e ó equipo eléctrico, que quedou estragado por completo.
Debido aos danos producidos na cuberta quedou á intemperie unha parte, que provocou a filtración de auga ao seu interior.
Ata as inmediacións acercáronse membros da Policía Local e da Garda Civil para acordoar a zona, así como membros do goberno municipal.
Na mañá de hoxe técnicos do arcebispado, así como o alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Cultura, Eugenia Martín, desprazáronse á igrexa, onde presenciaron os estragos en compaña do párroco, Manuel Blanco, así como do presidente da asociación parroquial que xestiona o cemiterio, Jose Berdullas, e puideron comprobar o alcance dos mesmos. Durante a tarde de hoxe a cuberta quedará tapada cunha lona para intentar minimizar as filtracións de auga ó interior.
Así mesmo, diversos alumeados públicos da rede municipal das parroquias de Piñeiro, Tapia, Ames e Barouta víronse afectados pola tormenta. Os arranxos iniciáronse na tarde-noite de onte por persoal municipal, e manteranse durante os próximos días ata a súa reparación total.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "O alcalde de Ames visita os estragos do temporal na igrexa de Santo Tomé de Ames"
La Voz de Galicia: "La iglesia de Santo Tomás de Ames permanece clausurada por la caída de un rayo"




