Pestanas principais

O alcalde de Ames solicitará unha entrevista co director de zona de Novagalicia Banco para que lle informe da situación das oficinas do municipio

Xoves, 07 de febreiro de 2013

[07-02-2013] O alcalde de Ames, Santiago Amor, solicitará a celebración dunha entrevista co director de zona de Novagalicia Banco para que lle informe da situación das oficinas bancarias que están operativas no municipio amiense.

Ante as informacións aparecidas nos últimos días e a preocupación do Concello polos intereses dos veciños e veciñas, o rexedor solicitaralle información ao responsable da entidade bancaria sobre o proceso que está levando a cabo a entidade e a situación das oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "O alcalde de Ames solicitará unha entrevista co director de zona de Novagalicia Banco"