Pestanas principais

O alcalde de Ames, Santiago Amor, visitou hoxe a depuradora de Sisalde con representantes da nova empresa encargada da xestión da auga

Mércores, 04 de febreiro de 2015

[04-02-2015] O alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Medio Ambiente, Eugenia Martin, visitaron esta mañá a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Sisalde con varios representantes da Unión Temporal de Empresas Acciona Agua-Espina Servicios -compañía que xestiona dende o pasado 1 de febreiro o ciclo integral da auga-. O rexedor municipal explicou que durante o percorrido “puidemos comprobar de primeira man o estado no que se atopan estas instalacións, que está previsto que sexan ampliadas por parte da Xunta de Galicia”.

Segundo as estimacións da Consellería de Medio Ambiente, a ampliación da EDAR de Sisalde implica un investimento de seis millóns e medio de euros. O anteproxecto xa está redactado e na actualidade estase elaborando o proxecto construtivo. Ademais, o Concello de Ames xa dispón dos terreos necesarios para poder executar esta obra. A nova infraestrutura que se proxecta poderá dar servizo a uns 30.000 habitantes, co que se corrixirá un dos principais problemas que presentan as actuais instalacións: o da súa capacidade.  

A infraestrutura hidráulica foi inaugurada no ano 2000 e naquel momento estaba pensada para dar servizo a uns 13.000 habitantes, unha cifra que a día de hoxe é superior. A súa ampliación, que ocupará uns 13.000 metros cadrados, solucionará esta situación.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Visita para conocer la depuradora de Sisalde"
El Correo Gallego: "Ultiman la ampliación de la EDAR de Sisalde para 30.000 vecinos"