Pestanas principais

O alcalde de Ames, Santiago Amor, visitou a aldea de Quistiláns para coñecer as demandas dos seus veciños

Martes, 03 de febreiro de 2015

[03-02-2015] O alcalde de Ames, Santiago Amor, e o concelleiro de Obras, Alfredo Taboada, visitaron a pasada semana a aldea de Quistiláns, na parroquia de Bugallido. Acompañados de varios membros da asociación de veciños percorreron distintos lugares onde é preciso realizar diferentes arranxos. A principal deficiencia que detectaron foi a falta de taxeas, que cobren diferentes cunetas e pasos de auga subterránea.

O colectivo veciñal solicitou tamén o arranxo da estrada que discorre polo interior da aldea e pediu a creación dun aparcadoiro nun punto onde habitualmente estacionan varios vehículos e dificultan o tránsito rodado. O rexedor municipal explicou que “o Concello tratará de darlle resposta á demanda dos veciños de Quistiláns o antes posible”. Amor adiantou que “a Concellaría de Obras está solicitando varios presupostos para tratar de buscar solución a estas deficiencias e executar estes arranxos nas vindeiras semanas”.