Mércores, 01 de abril de 2015
[01-04-2015] O alcalde de Ames, Santiago Amor, reuniuse esta mañá coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, onde se estudaron diferentes posibilidades cara a fortalecer o feito xacobeo no concello amaiano, polo que pasan o Camiño portugués e o Camiño de Fisterra.
O Concello propuxo que se valorase converter en albergue a antiga escola unitaria de Agrón, agora en desuso e en pleno camiño fisterrán, o establecemento dun punto informativo para os peregrinos no Milladoiro, no itinerario luso, e dedicar un día en Ames a festexar o Camiño de Santiago.




