Pestanas principais

O alcalde de Ames, Santiago Amor, propúxolle á ministra de Fomento alternativas ao exceso de tráfico que circula pola travesa do Milladoiro

Sábado, 08 de novembro de 2014

[08-11-2014] O alcalde de Ames, Santiago Amor, asistiu ao acto de inicio das obras do túnel de Conxo en Santiago que protagonizou o venres pola tarde a ministra de Fomento, Ana Pastor, ás 17:15 horas, xunto co alcalde de Santiago, Agustín Hernández.

Amor aproveitou a ocasión para proporlle á ministra que tome en consideración a “necesidade imperiosa” de buscar solucións ao excesivo tráfico rodado e pesado que circula pola travesa do Milladoiro. Así, o Alcalde solicitoulle á ministra que valorase a proposta entregada para a execución dun túnel no Milladoiro, e pediulle sensibilidade por parte do seu ministerio para solucionar os problemas de tráfico nunha vía que afecta a 15.000 residentes.

O rexedor municipal explica que se trata “dunha vía que soporta unha presión brutal de camións e vehículos pesados, autobuses, furgóns de reparto e vehículos particulares, arredor de 20.000 coches diarios. Pero tamén aumentan os peóns que a usan, xa que é unha zona superpoboada, e pasando por beirarrúas que se quedaron pequenas”.

O rexedor, que mantén contacto permanente con Santiago toda vez que as obras de Conxo afectarán tamén á mobilidade polo concello de Ames ao seu paso polo Milladoiro, propúxolle á titular de Fomento a posibilidade de proxectar un túnel dende a rotonda do Milladoiro (tras pasar a gasolineira) ata a zona anterior á curva das Galanas.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "El alcalde de Ames propone a Pastor alternativas al "exceso de tráfico" en la travesía de O Milladoiro"