Pestanas principais

O alcalde de Ames, Santiago Amor, incorpora a nova concelleira Ana Ruso ao seu equipo de goberno, da que destaca a súa vitalidade, compromiso e xenerosidade

Martes, 10 de febreiro de 2015

[10-02-2015] O alcalde de Ames, Santiago Amor, acaba de reorganizar o seu equipo de goberno para integrar a nova concelleira electa do PP Ana Ruso, que tomou posesión na sesión plenaria do pasado 29 de xaneiro.

Ana Ruso terá ao seu cargo as delegacións de Asociacionismo, Igualdade, Muller, Xuventude, Seguridade, Transportes e Voluntariado. A punto de cumprir 27 anos, Ruso, que xa formaba parte do persoal do gabinete do alcalde, agradece a confianza depositada nela e destaca que asume a súa tarefa de goberno con “enorme responsabilidade, vocación de servizo e gran ilusión”.  

Pola súa parte, Amor manifesta a súa satisfacción por incorporar ao goberno municipal a unha persoa tan vital, comprometida e ben coñecedora da realidade amesá: “Ana é unha muller nova e xenerosa, pero con moita experiencia nas lides municipais, que fará un estupendo labor no ámbito competencial encomendado, sobre todo en todo o tocante aos xoves e ás asociacións e colectivos sociais”.  

O rexedor amesán indica que o Goberno municipal afronta con resolución, entrega e entusiasmo a recta final do mandato, “pensando coma sempre e exclusivamente no interese xeral e nos veciños de Ames”, segundo apostila.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "O alcalde de Ames incorpora a nova concelleira Ana Ruso ao seu equipo de goberno"
La Voz de Galicia: "El alcalde de Ames reorganiza su equipo de gobierno con la incorporación de Ana Ruso"