[08-11-2014] O alcalde de Ames, Santiago Amor, foi recibido pola comunidade da Iglesia Evanxélica do Milladoiro no seu centro de culto ubicado na rúa das Hedras.
O irmán Carlos deu a benvida ao rexedor amiense e agradeceu a súa presenza. Pola súa parte, o alcalde Amor compartiu cos evanxélicos, unhas dez ou doce familias no Milladoiro, as súas inquedanzas, especialmente sobre a posta en funcionamento do novo cemiterio municipal.
O rexedor explicoulles que o Concello estaba obrigado a unha serie de trámites legais e administrativos nos que se está traballando. “Confío en que este mesmo ano queden resoltos e nos permita poñer en uso canto antes esta infraestrutura”, agregou.
Contido relacionado
El Correo Gallego: "O alcalde de Ames reúnese cos evanxelistas polo cemiterio"




