Pestanas principais

O alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Igualdade, Ana Ruso, participan nunhas xornadas organizadas na cooperativa Feiraco

Venres, 06 de marzo de 2015

[06-03-2015] O alcalde de Ames, Santiago Amor, e a concelleira de Igualdade, Ana Ruso, visitaron onte as instalacións da cooperativa Feiraco, en Pontemaceira (Agrón) para asistir a unha xornada organizada por AGACA –Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias–. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, foi a encargada de inaugurar o acto que tiña como finalidade animar ás mulleres socias e vinculadas á cooperativa FEIRACO a participar en ámbitos empresariais públicos.