[24-09-2014] O alcalde de Ames, Santiago Amor, participou este martes nunha mesa redonda sobre o Camiño Portugués na parroquia compostelá da Rocha, xunto coa concelleira de Cultura e Patrimonio de Santiago, María Antón, e o presidente da Asociación de Amigos da ruta lusa, Celestino Lores. Na súa intervención avanzou que o Concello traballaría conxuntamente coa Asociación de Amigos do Camiño Portugués Ames e Teo para establecer un albergue no Milladoiro, “xa que non hai ningún no concello amiense”. Tamén anunciou que se deseñará un proxecto educativo “para profundizar no coñecemento e divulgación da ruta xacobea ao seu paso polo termo municipal”, que se estende ao longo de 3,2 km.
Amor reivindicou maior coordinación entre concellos, algo que considera “esencial”, así como ter voz propia nos organismos xacobeos, “porque o Camiño esixe políticas continuadas en materia urbanística, conservación da paisaxe e atención aos peregrinos, así como investigación e difusión”.
O rexedor amiense, que convidou ao Concello de Santiago a “intensificar a colaboración” neste ámbito, acudiu a este concorrido acto convidado pola Asociación Cultural Rocha Forte, que preside Carlos Delgado. Entre o público estaba o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "El alcalde Amor quiere un albergue jacobeo en O Milladoiro"




