[30-03-2015] O alcalde de Ames, Santiago Amor, asinou esta mañá coa conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, un convenio de colaboración para realizar obras de reforma no centro de saúde do Milladoiro. Os traballos, que ascenden a 45.334 euros, serán asumidos ao cincuenta por cento entre o Concello e o Sergas. O prazo previsto para a súa execución é de dous meses.
O centro de saúde do Milladoiro, inaugurado hai xa 25 anos, require de frecuentes actuacións de mantemento para ofrecer en cada momento o mellor servizo posible aos usuarios. Deste xeito, os técnicos do Servizo Galego de Saúde teñen detectado a necesidade de efectuar unha actuación de reparación integral na cuberta do centro.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "El centro de salud de Milladoiro tendrá nueva cubierta"




