[22-12-2014] O alcalde de Ames, Santiago Amor, e o concelleiro de Obras, Alfredo Taboada, reuníronse este luns cunha representación da Asociación de Veciños Monte do Crego de Trasmonte. No encontro fixeron balance das recentes actuacións realizadas na parroquia como tarefas de acondicionamento de camiños e limpeza de cunetas, reposición de cableado ou amaño de pistas.
A reunión serviu, ademais, para falar dos futuros proxectos que se van levar a cabo proximamente, entre os que destaca a mellora do local social ou o asfaltado do camiño que vai de Portanxil a Trasmonte. Esta última obra –con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña– vén de iniciarse recentemente. A actuación consiste na mellora da capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e con rego de selado en toda a superficie. A actuación consiste na mellora da capa de rodaxe con tratamento asfáltico superficial e con rego de selado en toda a superficie. Previamente, houbo que reparar as fochancas e perfilar as mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente, contémplase a apertura de gabias e a limpeza de salvagabias para que haxa unha correcta drenaxe.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "El alcalde de Ames analiza con los vecinos de Trasmonte las demandas de la parroquia"
El Correo Gallego: "Tratan proxectos futuros en Trasmonte"




