Pestanas principais

O alcalde de Ames reúnese cos traballadores/as municipais e cumpre o compromiso adquirido ás doce horas de gañar a alcaldía

Martes, 21 de xuño de 2011

[21-06-2011] O alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañado dos concelleiros e concelleiras que forman o goberno municipal reuníronse este luns pola mañá, as 8:00 horas, con todos os traballadores e traballadoras municipais. A xuntanza tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Dende o goberno municipal pedíronlle aos traballadores/as a máxima colaboración e dedicación para sacar adiante os proxecto nos que se traballe. Ademais, manifestaron que a Relación de Postos de Traballo é un documento desfasado e que non se axusta á realidade, polo que haberá que adaptalo á nova realidade do concello. A RPT terá que ser un documento organizativo.

"Un dos primeiros compromisos que adquirín despois de gañar as eleccións municipais do pasado 22 de maio foi o de manter unha xuntanza con todos os traballadores/as municipais. Despois de manter esta xuntanza outra das reunións que haberá que realizar será cos sindicatos do Concello". Así, comezou Santiago Amor a súa intervención na xuntanza que mantivo este luns cos traballadores e traballadoras municipais.

Previamente, o rexedor municipal presentoulle a todos os traballadores/as municipais os concelleiros/as que forman o goberno municipal. O pasado luns o alcalde e os concelleiros xa visitaron os diversos departamentos municipais para presentarse, pero hoxe fíxose a presentación da totalidade da presentación despois de que a semana pasada xa quedara definido o reparto de concellerías.

Santiago Amor continuou dicindo "estamos atravesando unha situación económica delicada que temos que abordar do mellor xeito posible. Ao longo destes catro anos seguro que van a xurdir discrepancias que intentaremos solucionar do mellor xeito para ambas partes, para o concello e para os traballadores. Para iso agardo manter unha relación baseada na confianza con todos os traballadores/as. As portas do despacho de alcaldía e das concellarías van estar abertas para tratar de solucionar calquera problema que xurda".

"O Concello de Ames dispón dunha RPT (Relación de Postos de Traballo) que non se está cumprindo. A nosa intención é sentarnos a falar para buscar acordos en materia laboral. O persoal que traballa no Concello de Ames é un dos principais valores dos que dispón esta administración. Anímovos a que entre todos melloremos a imaxe que teñen os administrados dos traballadores municipais".

Por último, o rexedor dixo que "o éxito deste concello está nos traballadores/as. Nós vamos a estar catro anos gobernando este concello pero vos seguiredes aquí. Vós sodes un dos piares fundamentas nos que se asenta o Concello. O único que vos pido é a máxima colaboración e dedicación para sacar este proxecto adiante. Tamén vos pido que as cuestións políticas queden a un lado e que o obxectivo principal sexa centrarnos en dar un mellor servizo á cidadanía".



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El alcalde de Ames pide colaboración y confianza a los trabajadores"
El Correo Gallego: "El gobierno de Ames promete a los empleados adaptar la RPT"