[03-09-2016] Diante dos actos delituosos acaecidos nos últimos días no Milladoiro, o alcalde de Ames, José Miñones, reuniuse co Tenente da Garda Civil para pedirlle máis seguridade e anunciarlle que convocaría a Xunta Local de Seguridade para o mes de outubro. Miñones insistiu ademais na necesidade de que se sigan incrementando os efectivos da Garda Civil en Ames. Pola súa banda, desde a Garda Civil informaron ao alcalde dos avances da investigación en torno aos detidos polos roubos acaecidos nos últimos días e manifestaron que a pesares destes actos a actividade delituosa no Milladoiro non é preocupante.
A Garda Civil detivo nas últimas horas a tres persoas que presuntamente cometeron unha serie de roubos con forza no Milladoiro en perruquerías, centros de estética e unha ludoteca. Aos tres imputados se lles atribúen presuntamente sete delitos de roubo con forza, tres deles en grado de tentativa, segundo informou a Benemérita. A Garda Civil non descarta que nas vindeiras horas se lles poidan atribuír outros actos criminosos, entre eles roubos no interior de vehículos. Os supostos autores operaban, segundo as mesmas fontes, baixo o mando dun deles que xa ten antecedentes. O grupo de delincuentes se autodenominaba “Los Águilas”.
Estes feitos provocaron que o alcalde de Ames mantivera unha reunión co Tenente da Garda Civil do Milladoiro. Na devandita xuntanza, o Tenente informou ao alcalde sobre as últimas investigacións que se estaban realizando e lle dixo que pese a estes sucesos a actividade delituosa no Milladoiro non é preocupante. Pola súa banda José Miñones aproveitou para pedir máis seguridade para a zona e o incremento dos efectivos da Garda Civil en Ames. Miñones anunciou ademais que se convocará unha reunión da Xunta de Seguridade para o mes de outubro.





