Pestanas principais

O alcalde de Ames preséntalle á oposición un borrador do presuposto de 2014

Mércores, 07 de maio de 2014

[07-05-2014] O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este mércores, 7 de maio, unha xuntanza na que o alcalde de Ames, Santiago Amor, lle entregou un borrador do orzamento previsto para o 2014 aos membros da oposición. Trátase dun documento de traballo que está suxeito a posibles modificacións. Coa información facilitada hoxe ábrese un período de negociación entre o goberno e a oposición, para chegar a un acordo co obxectivo de aprobar o presuposto de 2014. Este borrador de presuposto presenta uns ingresos por valor de 21.052.000 euros e uns gastos de 21.047.000 euros. É o primeiro orzamento elaborado que ten que cumprir a Lei de Estabilidade Presupostaria.

Unha vez que o departamento de Intervención rematou a confección dun borrador do presuposto de 2014, este mércores 7 de maio, celebrouse unha xuntanza no salón de plenos da Casa do Concello na que o grupo de goberno lle entregou este documento orzamentario ao membros da oposición, para que poidan analizalo con detalle e posteriormente presenten as súas propostas. Trátase dun documento de traballo que está suxeito a posibles modificacións.

O goberno solicitáralle á oposición as súas propostas para o orzamento de 2014 e os membros da oposición pedíronlle ao goberno que antes lles entregasen este borrador orzamentario. Deste xeito, na xuntanza de hoxe o rexedor municipal deu cumprimento ao acordado coa aposición e entregoulle este borrador a partir do cal se comezará a negociar o orzamento definitivo que rexerá neste ano 2014. Na seguinte reunión analizaranse todas as propostas que fagan os grupos da oposición.

Coa información facilitada hoxe ábrese un período de negociación entre o goberno e a oposición, para chegar a un acordo co obxectivo de aprobar o presuposto de 2014. Este borrador de presuposto presenta uns ingresos por valor de 21.052.000 euros e uns gastos de 21.047.000 euros. É o primeiro orzamento elaborado que ten que cumprir a Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostibilidade Financeira, o que provoca que haxa que cumprir uns certos límites.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, destacou que "espera poder chegar a un acordo coa oposición, para aprobar un orzamento realista, na situación económica actual”. O rexedor municipal engadiu que para iso “haberá que ter en conta as limitacións da lei, os cumprimentos de estabilidade e o teito de gasto”. Por último, Santiago Amor manifestou que “teranse en conta estes condicionantes, pero manteranse os servizos q actualmente presta o Concello”.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames presupuesta 21 millones"
El Correo Gallego "O alcalde de Ames preséntalle á oposición un borrador do presuposto de 2014"