[06-09-2014] O alcalde de Ames, Santiago Amor, asistiu onte pola tarde á concentración que realizaron os veciños de Coira en protesta das obras que está realizando o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), para instalar un liña eléctrica subterránea para o tramo do AVE que vai de Vigo a Coruña. O ADIF quere este tendido subterráneo para atender unha subestación que abastecerá ao tramo do AVE que pasa por este lugar. O rexedor municipal ofreceuse a mediar entre os veciños e o ADIF para intentar chegar a un acordo e buscar unha solución que sexa beneficioso para as dúas partes.
O pasado 1 de setembro comezaron as obras que está levando a cabo o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), no marco do proxecto construtivo "Eje Atlántico de Alta Velocidad. Electrificación, subestaciones y centros de autotransformación asociados. Tramo Vigo-A Coruña". O ADIF quere este tendido subterráneo para atender unha subestación que abastecerá ao tramo do AVE que pasa por este lugar. Pero os veciños de Coira están en contra de que se realice esta liña eléctrica subterránea porque argumentan que pode ser prexudicial para a saúde dos propios veciños.
Ante esta situación, o alcalde de Ames, Santiago Amor, ofreceuse a mediar entre os veciños e o ADIF. O rexedor explicou que “a próxima semana terá lugar unha reunión no Concello para buscar alternativas que satisfagan aos veciños”. Ademais, púxose cen contacto co alcalde de Santiago, Agustín Hernádez, xa que a zona sur de Coira pertence ao termo municipal de Santiago.
Por outra banda, o rexedor municipal solicitoulle á empresa encargada das obras que as pare mentres non se chega a un acordo con veciños/as de Coira. Santiago Amor “explicou que os veciños necesitan máis información sobre este proxecto. De momento non tiveron coñecemento do proxecto debido a que se trata dunha obra do Ministerio de Fomento. Imos facer todo o posible para que se lle proporcione máis información aos veciños e para buscar unha solución”.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Los vecinos de Coira y el ADIF estudiarán alternativas a la línea de alta tensión del AVE"
El Correo Gallego: "A aldea amiense de Coira, contra unha liña de alta tensión Constitúen unha plataforma e recollen sinaturas en contra desta obra de Adif"
El Correo Gallego: "Coira agarda que as dificultades e os custos aborten a liña da alta tensión"
La Voz de Galicia: "Impulsan una plataforma supramunicipal para evitar la línea de alta tensión en Coira"