Pestanas principais

O alcalde de Ames mantivo hoxe unha reunión informativa cos representantes dos grupos da oposición

Luns, 28 de xaneiro de 2013

[28-01-2013] O alcalde de Ames, Santiago Amor, reuniuse a última hora desta mañá co portavoz do grupo municipal socialista, José Manuel Miñones, e coa concelleira Pilar Candocia. O obxectivo deste encontro informativo foi explicarlles a situación actual que vive o Concello e buscar vías de colaboración para unir esforzos co único obxectivo de beneficiar aos veciños e veciñas de Ames.

No encontro, o rexedor amiense trasladoulle aos edís o compromiso do actual grupo de Goberno de traballar e redobrar esforzos para sacar proxectos adiante pensando sempre no benestar dos veciños e veciñas. O fin desta reunión foi regular as canles e liñas de colaboración no futuro, coa mirada posta en normalizar a actividade do Concello de Ames.

Santiago Amor agradeceulles a José Manuel Miñones e Pilar Candocia o ton institucional que mantiveron ambos nas últimas xornadas. O rexedor trasladoulles, ademais, que o seu obxectivo é unir esforzos para traballar polos intereses da veciñanza amiense.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Santiago Amor pide a la oposición apoyo para normalizar el Concello"
El Correo Gallego: "Amor mantivo hoxe unha reunión informativa cos representantes dos grupos da oposición"
El Correo Gallego: "Santiago Amor busca "vías de colaboración" con la oposición para "normalizar" la actividad del ayuntamiento"