Mércores, 30 de decembro de 2015
[30-12-2015] O rexedor municipal en representación de toda a corporación municipal do Concello de Ames quere desexarlle a todos os amesáns e amesás unhas boas festas e un próspero Aninovo.
Estimados veciños e veciñas. O Concello de Ames segue a medrar día a día e queremos dar a benvida aos novos e novas amesáns que elixiron o noso Concello para vivir, así como aos case 400 que naceron durante este 2015. Desexarlles a todos eles unha boa entrada de ano esperando que sintan o noso Concello como a súa nova casa.
E a tod@s aqueles que xa levan anos entre nós quero felicitarlles estas festas e pedir que o 2016 sexa o ano no que se cumpran todos e cada un dos vosos desexos.
Feliz 2016.
Jose Miñones, Alcalde de Ames.




