Pestanas principais

O alcalde de Ames, José Miñones, comeza unha rolda de contacto cos traballadores municipais

Martes, 16 de xuño de 2015

[16-06-2015] Esta mañá o alcalde de Ames, José Miñones, acompañado do concelleiro de Desenvolvemento sostible, Infraestruturas e Planificación, Blas García, e da concelleira de Benestar social e Dereitos para a cidadanía, Luísa Feijoo, comezaron a facer unha rolda de visitas polos diferentes departamentos municipais para poder presentarse aos traballadores municipais. Esta toma de contacto continuará durante os vindeiros días. As autoridades municipais estiveron acompañados pola presidenta do Comité de Empresa, Rosa Moreiras, e polo delegado da Xunta de Persoal, Domingo Alborés.

O rexedor municipal, José Miñones, trasladoulle aos traballadores “a súa confianza” e animounos “a que sigan co traballo e compromiso mostrado nos últimos anos e que permitiu que o Concello seguise prestando uns servizos de calidade”. Miñones tamén destacou que “teñen as portas abertas do despacho de Alcaldía para comunicarlle calquera incidencia que xurda no día a día e para abordar calquera asunto que redunde no beneficio dos traballadores e do servizo que se presta”.

Esta toma de contacto continuará durante os vindeiros días coa visita aos departamentos municipais aos que o alcalde non puido acudir hoxe. Ademais, a próxima semana cada un dos concelleiros e concelleiras do goberno municipal iranse reunindo cos traballadores dos diferentes departamentos de cara a ir organizando o traballo e coñecer o estado de cada área municipal.

Por outra banda, o goberno municipal ten o compromiso de manter unha xuntanza de traballo inmediata co Comité de Empresa e coa Xunta de Persoal para reiniciar o diálogo e a negociación. Seguindo estas pautas de traballo, dende o novo goberno municipal indican que “nas próximas semanas o goberno municipal tamén se reunirá cos representantes do persoal do Concello”.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Miñones inicia una ronda de contactos con los trabajadores municipales"