Pestanas principais

O alcalde de Ames felicita a Nerea Montes Pérez, do IES de Bertamiráns, por superar a fase galega da Olimpíada de Bioloxía

Venres, 23 de xaneiro de 2015

[23-01-2015] O alcalde de Ames, Santiago Amor, felicitou persoalmente esta mañá á alumna do IES de Bertamiráns, Nerea Montes Pérez, por superar a fase galega da Olimpíada de Bioloxía. Esta alumna representará a Galicia na proba nacional que se celebrará en León no mes de marzo.

Nerea Montes Pérez, alumna de segundo de Bacharelato no IES de Bertamiráns, clasificouse primeira na Fase Autonómica Galega da X Olimpíada de Bioloxía, celebrada en Vigo. A esta proba, que tivo lugar o pasado 16 de xaneiro, presentáronse un cento de escolares de toda Galicia. O Concello de Ames quere felicitar á estudante amesá por este éxito e desexarlle boa sorte na proba nacional que se celebrará en León no mes de marzo.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Nerea Montes gana la Olimpiada de Bioloxía para el IES de Ames"