Pestanas principais

O alcalde de Ames e a xerente de Suelo Empresarial del Atlántico abordan a situación do terreo industrial do municipio e as posibilidades de colaboración

Xoves, 06 de febreiro de 2020

A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., Beatriz Sestayo, a pedimento do alcalde de Ames, José Miñones, desprazouse esta mañá á Bertamiráns para manter un encontro co rexedor e coa concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, no que tamén participou o responsable comercial de SEA, José Rey. O Concello vai poñer en marcha o Plan estratéxico empresarial 20-30, que realizará un estudio preliminar sobre a situación preexistente, realizando a continuación unha análise cuantitativa do tecido empresarial-comercial, de cara a rematar coas propostas de ámbitos industriais e empresariais a delimitar dentro do municipio.

Na reunión, celebrada na Casa do Concello, a xerente de SEA puido coñecer a situación actual do terreo industrial no municipio, así como os seus proxectos e formulacións de cara ao futuro, co obxectivo de tratar de establecer puntos de encontro e fixar posibilidades de colaboración que permitan profundar na creación de emprego.

Beatriz Sestayo mostrou a súa “satisfacción por unha reunión con enorme visión estratéxica de futuro e de aposta pola tecnoloxía en Galicia”, poñendo en valor o carácter tecnolóxico dunha parte fundamental das empresas instaladas en Ames.

Plan estratéxico empresarial 20-30
O Concello vai poñer en marcha un Plan Estratéxico de terreo empresarial co obxectivo de estudar e deseñar a implantación de áreas empresariais dentro de Ames. A través deste plan o goberno municipal quere coñecer as posibilidades de crecemento e implantación de novos polígonos, así como a distribución e trámites necesarios para levalo a cabo e que permita deixar un mapa de actuacións de cara aos vindeiros 10 anos.

O Plan estratéxico empresarial 20-30 realizará un estudio preliminar sobre a situación preexistente, realizando a continuación unha análise cuantitativa do tecido empresarial-comercial, de cara a rematar coas propostas de ámbitos industriais e empresariais a delimitar dentro do municipio.

Na xuntanza de hoxe, o alcalde e maila concelleira de Promoción Económica quixeron coñecer o traballo que realiza a sociedade pública SEA (Suelo Empresarial del Atlántico) de cara a colaborar estreitamente no estudio de viabilidade para a ampliación do Parque empresarial do Milladoiro e a ubicación, nunha segunda fase, dun novo polígono na zona de Bertamiráns.

Para o alcalde, José Miñones, a reunión "foi moi produtiva xa que a colaboración directa con SAE vainos permitir estudar a promoción e o crecemento de novos terreos empresariais ante a demanda existente". Miñones indicou que "o parque do Milladoiro ten a súa capacidade de crecemento xa moi limitada. O incremento da calidade e cantidade das empresas alí instaladas está demandando novos espazos empresariais. A aposta pola innovación e os parques tecnolóxicos é unha liña que desde o Concello queremos explotar aproveitando o tirón de ser Ciudad de la Ciencia e innovación".

Suelo Empresarial del Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia
Na actualidade, Suelo Empresarial del Atlántico xestiona 13 parques empresariais en Galicia, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados, situados nas provincia de Lugo --Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo— e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira- e que ocupan a máis dun centenar de empresas.

Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., (S.M.E.), é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a través de Sepes; nun 14,26% pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo; nun 1,65% por ABANCA e un 0,65% pola Xunta, e creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames buscará ampliar el polígono de Milladoiro y crear uno en Bertamiráns"

Imaxe da reunión coa xerente de Suelo Empresarial del Atlántico

Multimedia

  • Imaxe da reunión coa xerente de Suelo Empresarial del Atlántico