Pestanas principais

O alcalde de Ames e o director xeral de Educación asisten á representación do musical do IES de Ames

Sábado, 02 de febreiro de 2013

[02-02-2013] O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu hoxe a representación do último musical organizado polo alumnado do IES de Ames. Despois do éxito acadado cos musicais "Como a auga" e "Folía en Semasei", este ano están representando "Viaxe no tempo". O espectáculo inclúe teatro, música, danza, malabarismos, acrobacias e aspectos técnicos como escenografía, iluminación e son, vestiario e maquillaxe. Na representación do espectáculo participan directamente un total de 84 alumnos/as. Ademais, na realización da escenografía participaron arredor de 140 rapaces. A sesión das 20:00 horas asistiron o alcalde de Ames, Santiago Amor, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, Manuel Corredoira, a directora do IES de Ames, Marisol Louro, o concelleiro de Educación, Bernardo Moar, e a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín.


Viaxe no tempo é unha experiencia educativa bianual, que consiste na realización dunha obra escénica orixinal que integra teatro, música, danza, malabarismos, acrobacias, cun fío argumental que supón un percorrido histórico dende un futuro inmediato ao bordo do colapso, ata unha serie de figuras relevantes na historia da humanidade. A participación de case todos os departamentos do instituto no proxecto xustifica a consideración deste musical como un modelo de transversalidade e colaboración entre departamentos cun obxectivo común.

Na xornada de hoxe houbo catro representacións do musical que se desenvolveron no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Pola mañá realizáronse dous pases, ás 10:15 h e as 12:00 horas, para o alumando do IES de Ames. Pola tarde houbo outros dous pases un, ás 20:00 h, e outro, ás 21:45 horas, que estiveron dirixidos ao público con invitación.

Tras a exitosa experiencia dos últimos anos, elaborando dous musicais: Como a auga e Folía en Semasei. Este ano o alumnado do IES de Ames organizou un novo proxecto, cuxo tema central é o dunha viaxe histórica no tempo. Este espectáculo é un dous grandes proxectos anuais do centro, pola cantidade de xente e departamentos que participan, polo alto nivel conseguido cada ano e polas dimensións que acada, tanto sociais, como educativas no máis amplo sentido da palabra. Neste proxecto colaboran o Concello de Ames, La Caixa, Centro Dramático Galego e a Deputación da Coruña.

Na representación deste espectáculo participan directamente un total de 84 alumnos/as. Ademais, na realización da escenografía colaboraron arredor de 140 alumnos/as de Educación Plástica e Visual de primeiro e cuarto da ESO. Tamén hai que destacar a implicación do alumnado de 2º de Bacharelato. Deste xeito, participaron na organización deste musical máis de 230 alumnos/as do IES de Ames.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "El instituto de Bertamiráns estrenó un musical que valió tres galardones"