[30-07-2012] O alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañou hoxe á delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, quen anunciou que mañá se licitarán as obras para a mellora da estrada Roxos-Portomouro (AC-453), nos concellos de Ames e Val do Dubra. O Goberno galego destinará 694.346 euros a executar os traballos de acondicionamento, que abranguerán 12 quilómetros.
O rexedor amiense amosouse satisfeito polo anuncio, que cualificou como “moi boa noticia” para os veciños e veciñas de Ames e agradeceu o compromiso da Xunta coa mellora desta infraestrutura. Santiago Amor subliñou que o Goberno amiense levou a cabo numerosas xestións ante o Executivo autonómico para que se desen os pasos necesarios para o acondicionamento desta vía.
Deste xeito, nas reunións de traballo mantidas co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e na súa visita a Ames o pasado mes de febreiro, na que anunciou que este ano estará redactado o proxecto de ampliación da depuradora de Sisalde, o alcalde lembroulle a preocupación do Executivo municipal polo estado da estrada, pola que transitan cada día milleiros de vehículos.a visita a Ames o pasado mes de febreiro, na que anunciou que este ano estar
Ademais, o rexedor xa lle trasladara aos veciños das parroquias de Tapia, Ames, Covas e Piñeiro as xestións que estaba levando o cabo o Goberno amiense para que se mellorase o estado da vía. Por todo iso, o Santiago Amor agradeceu o compromiso da Xunta coa mellora desta infraestrutura.
O alcalde subliñou que se trata dunhas obras moi demandadas e que, sen dúbida algunha, son uns traballos prioritarios, debido á elevada cantidade de vehículos que transitan cada día por esta vía. Con estes traballos, destacou, repararase o firme da estrada de forma estrutural e superficial, mellorando as súas condicións e a seguridade da vía.
Contido relacionado
El Correo Gallego: Anuncian a licitación das obras de mellora da estrada Roxos-Portodemouro
La Voz de Galicia: La Xunta destina 700.000 euros al vial entre Roxos y Portomouro




