Pestanas principais

O alcalde de Ames celebra a posta en marcha dun grupo de emerxencias supramunicipal que dará servizo ao municipio

Venres, 25 de xaneiro de 2013

[25-01-2013] O alcalde de Ames, Santiago Amor, cualificou esta mañá como “moi boa noticia” para o municipio a posta en marcha, en colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e os concellos, dun grupo de emerxencia supramunicipal, que terá sede en Brión e dará servizo a Ames.

O rexedor destacou que, deste xeito, Ames e Brión, que nos últimos meses atopábanse en negociacións sobre a atención a emerxencias, “quedamos cubertos nas intervencións máis inmediatas”.

Santiago Amor agradeceu expresamente ao presidente da Fegamp e á Xunta de Galicia “que tivesen en conta as particularidades e necesidades que presentan Ames e Brión en materia de emerxencias”.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "O alcalde de Ames celebra a posta en marcha dun grupo de emerxencias supramunicipal que dará servizo ao municipio"