Pestanas principais

O alcalde de Ames, Blas García, recibe ao Delegado e á Subdelegada do Goberno en Galicia na Ponte Maceira xunto ao alcalde de Negreira

Mércores, 27 de setembro de 2023

O Concello de Ames de Ames foi elixido para posta en valor do programa do 2% cultural que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana destina ao financiamento de actuacións de rehabilitación do Patrimonio Histórico e que mobilizou preto de 8 millóns de euros en Galicia nos últimos anos. A Ponte Maceira foi dos últimos lugares en incorporarse ao listado de Bens de Interese Cultural (BIC) de Galicia, motivo, xunto ao gran valor patrimonial e histórico desta paraxe, polo que foi escollido pola Delegación do Goberno.

O alcalde de Ames, Blas García, recibiu hoxe pola mañá ao delegado do Goberno, Pedro Blanco, e á subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas, na Ponte Maceira, xunto ao alcalde de Negreira, Ángel Leis.

O alcalde de Ames, Blas García, destaca a importancia deste monumento para os concellos de Negreira e Ames, “lugar polo que todos os días transcorren multitude de peregrinos, e obxecto de gran admiración”. García recordou tamén o traballo que houbo que realizar en conxunto co concello de Negreira para rehabilitar unha ponte que “estaba nunha situación de abandono”. O rexedor amesá anuncia tamén a intención do Concello de Ames de aproveitar este programa en futuras convocatorias.

Pola súa parte o alcalde de Negreira, Ángel Leis, remarca a importancia de aproveitar este tipo de axudas e, “para elo é vital o bo entendemento entre as distintas administracións”, e finaliza apuntando que “con este tipo de axudas incrementamos as capacidades dos Concellos para acometer estas actuacións”.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, fixo un chamamento aos concellos galegos para aproveitar os 80 millóns de euros que ofrece esta convocatoria de axudas, cuxo prazo de solicitudes remata o 15 de outubro, e salientou o compromiso do Goberno coa conservación e posta en valor do patrimonio: “É unha oportunidade extraordinaria para que os concellos poidan acometer este tipo de obras de restauración que, doutro xeito, entendemos que serían moi difíciles de levar a cabo”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Llaman a los concellos a pedir las ayudas del 2 % cultural para restaurar el patrimonio"

El Correo Gallego: "El Gobierno anima a poner en valor A Ponte Maceira con los 80 millones del 2% cultural"

Ames Go: "Ames e Negreira poñen en valor a Ponte Maceira ante o delegado do Goberno"

Enfoques: "El Gobierno destaca desde A Ponte Maceira las inversiones del 2% cultural"

O alcalde de Ames, Blas García, recibe ao Delegado e á Subdelegada do Goberno en Galicia na Ponte Maceira xunto ao alcalde de Negreira

Multimedia

  • O alcalde de Ames, Blas García, recibe ao Delegado e á Subdelegada do Goberno en Galicia na Ponte Maceira xunto ao alcalde de Negreira