Pestanas principais

O alcalde de Ames, Blas García, participará este luns, 20 de decembro, nun directo simultáneo a través das plataformas Twitch e Facebook Live

Sábado, 18 de decembro de 2021

O vindeiro luns, 20 de decembro, ás 21.00 horas, o alcalde de Ames, Blas García, participará nun directo simultáneo nas plataformas Twitch e Facebook Live. Baixo o título #FalaConBlas o rexedor municipal contará diferentes experiencias da súa labor como alcalde e deputado provincial de Promoción Económica, así como experiencias e anécdotas persoais relacionadas co seu traballo político. Isto irase combinado con preguntas das persoas que participen no directo, ás que o alcalde lle dará resposta en directo. Trátase dun proxecto piloto que se ten éxito de participación terá continuidade con directos relacionados con temáticas específicas.

Baixo o título #FalaConBlas o alcalde de Ames, Blas García, participará o próximo luns, 20 de decembro, ás 21.00 horas, nun directo simultáneo a través das plataformas Twitch e Facebook Live. Trátase dun proxecto piloto no cal se poderá coñecer un pouco máis a fondo ao actual rexedor de Ames.

No primeiro #FalaConBlas o alcalde de Ames aproveitará para facer un repaso dos meses que leva na Alcaldía, revivir algunhas anécdotas, contar diferentes experiencias da súa labor como deputado provincial de Promoción Económica, así como experiencias e anécdotas persoais relacionadas co seu traballo político. Ademais, responderá a todas as preguntas que formulen as persoas que se conecten ao directo. Despois do directo aproveitarán o audio para crear un podcast e aloxalo nalgunhas das plataformas de podcast existentes na actualidade.

Esta iniciativa parte dun grupo de alumnos/as (Paula García, Paula Riveiro, Uxía Pérez, Francisco Pais e Gabriel González), que están cursando a materia de Tecnopolítica do máster de Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política, da Universidade de Santiago de Compostela.

Blas García explica que “Ames é un concello que conta cunha poboación eminentemente moza co cal cando me propuxeron esta iniciativa pareceume boa idea porque é un xeito de conectar con toda a mocidade a través das redes sociais e da plataforma de vídeo en streaming. Estarei encantado de interactuar con toda a veciñanza de Ames, a través desta nova canle, abrindo dunha forma nova o Concello e achegándome ao fogar dos veciños e veciñas que queiran participar”.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "O alcalde amesán conectará coa mocidade a través das redes este luns con #FalaConBlas"

AMSGO!: "Blas García estréase como streamer"

O alcalde de Ames, Blas García, participará este luns, 20 de decembro, nun directo simultáneo a través das plataformas Twitch e Facebook Live