- Tematica
O alcalde de Ames, Blas García, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, mantiveron esta tarde en San Caetano, un novo encontro de traballo, no que tamén participaron o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, e a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire.
Nesta reunión de traballo tratáronse temas de interese común para a Xunta e o Concello de Ames, de xeito especial en materia de vivenda. María M. Allegue fixo fincapé no esforzo que está a realizar o Goberno galego para facilitar o acceso da cidadanía á vivenda.
O departamento que dirixe M. Allegue segue apostando pola colaboración entre administracións co fin de impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e reforzar a competitividade do municipio.
Un exemplo deste traballo é o protocolo de colaboración asinado o pasado ano, polo que e o Concello de Ames cedeu solo municipal para a construción de 218 novas vivendas de promoción pública, que suporán un investimento da Xunta de arredor de 41 millóns de euros.
O alcalde de Ames, Blas García, dixo “seguimos traballando en materia de vivenda da man da Xunta. A promoción de vivenda, tanto pública como privada, é unha prioridade absoluta do Goberno municipal. Froito da colaboración coa Xunta é o convenio de colaboración asinado o pasado ano para a construción de 218 novas vivendas no Milladoiro”.
Novas relacionadas
El Correo Gallego: "Xunta e Concello de Ames estreitan a colaboración para impulsar a construción de vivendas de promoción pública"
La Voz de Galicia: "El proyecto de viviendas compartidas en Ames centró la reunión de Martínez Allegue y Blas García"
Diario de Santiago: "La Xunta y el Concello de Ames analizan nuevas actuaciones en materia de vivienda"






