Pestanas principais

O alcalde de Ames asistiu á reunión para tratar a crise da vertedura no Tambre

Luns, 13 de setembro de 2021

A Xunta informou aos alcaldes de Compostela, Ames e Brión da estabilización dos parámetros das augas no río Tambre, así como dos traballos que continúa a realizar na obra.

Á reunión asistiron a conselleira de Infraestructuras e Mobilidade, Ethel Vázquez; a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez; o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor: o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé sánchez Bugallo; o alcalde Brión, Pablo Lago e o alcalde de Ames, Blas García.

O alcalde de Ames, Blas García, aproveitou a ocasión para trasladar o seu malestar pola falta de comunicación por parte da Xunta. Segundo García este é un problema que lle afecta tanto á administración local como á autonómica, de aí a importancia de traballar coordinados e unir esforzos.

A Xunta comprometeuse a tomar medidas conxuntas e a manter informadas ás partes implicadas para que en caso de que xorda algún problema os Concellos estean preparados e poidan reaccionar canto antes. As distintas administracións acordaron seguir en contacto e vendo como evoluciona a situación.

O alcalde de Ames asistiu á reunión para tratar a crise da vertedura no Tambre