[26-11-2013] O alcalde de Ames, Santiago Amor, asistiu no cuartel da Garda Civil de Milladoiro á reunión do subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, cos integrantes do Equipo Roca, que acaba de poñer en marcha a Garda Civil na bisbarra de Santiago dentro do Plan Nacional contra as Sustracións Agrícolas e Gandeiras do Ministerio do Interior. Tamén asistiu a esta reunión o concelleiro de Urbanismo de Ames, Alfredo Taboada, e o concelleiro do Concello de Santiago, Luis García.
A función deste equipo será a de incrementar a seguridade das explotacións mediante unha vixilancia permanente e unha maior comunicación cos colectivos afectados. Na reunión, celebrada no cuartel do Milladoiro, en Ames, o responsable do equipo analizou co subdelegado do Goberno e o xefe da Comandancia os obxectivos dos equipos Roca así como as previsións que teñen respecto ao creado en Santiago.
Os 'Equipos ROCA' (Roubos no Campo) proporcionan unha cobertura integral ao agricultor e ao gandeiro que vai dende os contactos iniciais, pasando polo intercambio de información e accións formativas de seguridade, ata a investigación e identificación dos delincuentes.
.jpg)





 - copia.jpg)