Pestanas principais

O alcalde de Ames acudirá mañá cos veciños/as de Coira a unha reunión con ADIF.

Martes, 16 de setembro de 2014

[16-09-2014] O alcalde de Ames, Santiago Amor, asistirá mañá  A Coruña para manter unha xuntanza con membros de ADIF e veciños de Coira de cara a abordar a problematica sobre a liña eléctrica subterránea que se está construíndo na aldea. O rexedor amiense comprometérase cos Veciños de Coira, a solicitar unha reunión con representantes de ADIF para que se lles proporcionara mais información sobre este proxecto. A reunión terá lugar mañá na Subdelegación do Goberno, na Coruña e a ela asistirán tamén representantes dos Veciños de Coira, así como representantes do Concello de Santiago.

O pasado 1 de setembro comezaron as obras que está levando a cabo o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), no marco do proxecto construtivo "Eje Atlántico de Alta Velocidad. Electrificación, subestaciones y centros de autotransformación asociados. Tramo Vigo-A Coruña". Os veciños da aldea de Coira, pertencente á parroquia amiense de Biduido e limítrofe co concello de Santiago rexeitaron desde o primeiro momento estas obras de canalización subterránea da liña de alta tensión proxectada para atender as necesidades da subestación que abastecerá ao tramo do AVE que pasa por este lugar.  

Diante desta situación, o alcalde de Ames, Santiago Amor, que o día 5 de setembro asistira á concentración que realizaron os veciños de Coira en protesta das obras, ofreceuse a mediar entre os veciños e  ADIF.  Santiago Amor explicaba entón que “os veciños necesitan máis información sobre este proxecto por parte do Ministerio de Fomento. Imos facer todo o posible para que se lle proporcione máis información aos veciños e para buscar unha solución”.

Na reunión de mañá estarán presentes o alcalde de Ames, Santiago Amor, veciños e veciñas de Coira , membros de ADIF e representantes do Concello de Santiago.