Pestanas principais

O alcalde asiste no Milladoiro á entrega do premio á mellor iniciativa TIC da Administración en Galicia aos Equipos Arrob@ da Garda Civil

Luns, 01 de agosto de 2022

Os equipos Arrob@ da Garda Civil, unidades operativas especializadas en ciberdelincuencia, veñen de recibir o premio 2022 á mellor iniciativa TIC da Administración Pública en Galicia, outorgado polo Colexio Oficial de Enxeñería en Informática de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. Neste senso, as unidades recibiron o galardón está mañá no posto principal da Garda Civil no Milladoiro, onde está unha das seis sedes coas que conta o equipo en Galicia. O alcalde de Ames, Blas García, acompañou na entrega do premio ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, á subdelegada do Goberno na Coruña e ao presidente do Colexio Oficial de Enxeñería.

O Colexio Oficial de Enxeñería en Informática de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia veñen de recoñecer aos Equipos Arrob@ da Garda Civil co premio 2022 á mellor iniciativa TIC da Administración Pública en Galicia. Con esta distinción, recoñecese o traballo desta unidade especializada en ciberdelincuencia tanto na persecución deste tipo de delitos como na formación e sensibilización da sociedade fronte a esta ameaza.

Neste senso, o posto principal da Garda Civil no Milladoiro acolleu esta mañá a entrega do galardón, que recibiu o xeneral xefe da 15 Zona, Luis Francisco Rodríguez, en nome das e dos axentes que integran estas unidades. Ao acto asistiu o alcalde de Ames, Blas García, que acompañou ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; á subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e ao presidente do Colexio Oficial de Enxeñería en Informática de Galicia, Fernando Suárez.

A Garda Civil conta en Galicia con seis Equipos Arrob@ despregados nas catro comandancias, un deles no Milladoiro. Estas unidades desenvolven unha dobre misión: por unha banda, o esclarecemento de infraccións e prevención da comisión de novos ciberdelitos comprobando a seguridade na rede. A este obxectivo únese unha tarefa de asesoramento e formación a outras unidades policiais.

O alcalde de Ames, Blas García, agradeceu o labor desta unidade e mostrou a súa preocupación polo crecemento da ciberdelincuencia. “É unha obriga das administracións traballar contra os ciberdelitos e pola seguridade dos seus cidadáns. Neste sentido, e dentro do que nos permiten as nosas competencias, dende o Concello de Ames presentaremos nos próximos meses varios proxectos para reforzar a seguridade das nosas veciñas e veciños”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El 25 % de los delitos en Galicia son ya estafas telemáticas"

El Correo Gallego: "Premio a la Guardia Civil en O Milladoiro por su lucha contra la ciberdelincuencia"

AMSGO!: "Os Equipos @ da garda Civil, premio á mellor iniciativa TIC da Administración Pública"

O alcalde asiste no Milladoiro á entrega do premio á mellor iniciativa TIC da Administración en Galicia aos Equipos Arrob@ da Garda Civil

Multimedia

  • O alcalde asiste no Milladoiro á entrega do premio á mellor iniciativa TIC da Administración en Galicia aos Equipos Arrob@ da Garda Civil
  • O alcalde asiste no Milladoiro á entrega do premio á mellor iniciativa TIC da Administración en Galicia aos Equipos Arrob@ da Garda Civil
  • O alcalde asiste no Milladoiro á entrega do premio á mellor iniciativa TIC da Administración en Galicia aos Equipos Arrob@ da Garda Civil