Pestanas principais

O 15 de xullo remata o prazo de matrícula para os servizos complementarios

Martes, 12 de xullo de 2011

[12-07-2011] O 15 de xullo remata o prazo para o período de matrícula, aberto desde o 15 de xuño, nos servizos complementarios de educación que inclúe a rede de comedores escolares, Bos días cole e Tardes Divertidas. Con estes servizos o Concello de Ames pretende conciliar a vida laboral e familiar dos pais e nais durante o curso escolar 2011-2012. O período de matrícula abriuse para todos aqueles nenos e nenas que figuran na listaxe de admitidos/as. Os pais e nais dos nenos/as admitidos/as teñen que recoller a documentación de matrícula na oficina municipal do Milladoiro ou no departamento de educación en Bertamiráns, en horario de 9:00 h. a 14:00 horas. Para máis información pódese poñer en contacto coa oficina municipal do Milladoiro ou co departamento de Educación en Bertamiráns, chamando ao teléfono 981 891 476.

O Concello de Ames pecha o 15 de xullo o prazo de matrícula para os servizos complementarios da rede de comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas para todos aqueles pais e nais que desexen incorporarse a estes programas de cara ao próximo curso escolar. Este servizo, ten como principal obxectivo conciliar a vida familiar e laboral dos veciños e veciñas de Ames. Durante este curso foron ao redor de 1.300 os nenos e nenas que participan nas actividades dos servizos complementarios, o que amosa o éxito destes programas educativos.

Ames é un dos municipios galegos cun maior incremento de poboación moza. Debido a este crecemento, que se produce ano a ano, aumenta paralelamente a demanda dos servizos complementarios destinados á poboación máis nova do municipio. Por este motivo, o Concello aposta por incrementar periodicamente a oferta destes servizos, polo que cada curso son máis os que se benefician de proxectos como Bos días cole, Tardes divertidas e da Rede Municipal de Comedores Escolares.

Rede municipal de comedores escolares
O servizo da rede de comedores escolares, do que na actualidade se benefician 962 usuarios fixos/as, segundo datos do censo do servizo referido ao mes de maio, está dirixido ao alumnado de infantil e primaria, funcionando actualmente no CEIP A Maía, no CEIP Agro do Muíño, no CEP de Ventín e na Escola de Educación Infantil do Milladoiro. Con este programa realízase por unha parte un servizo público, facilitando aos cidadáns a conciliación da vida laboral e familiar e por outra, un proxecto educativo no que o obxectivo é que o alumnado aprenda hábitos alimenticios sans e un correcto comportamento na mesa, así como as normas básicas de hixiene, respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade.

Bos días cole e Tardes divertidas
Os programas Bos días cole e Tardes divertidas volven un ano máis para facilitarlles a vida aos pais e nais que teñen dificultades para conciliar a súa vida laboral e familiar. Trátase dunha oferta educativa e de ocio que pretende ocupar o tempo de lecer dos máis cativos dun xeito divertido e educativo.

Este programa comezou a funcionar en dous centros públicos do concello (CEIP A Maía e no CEP de Ventín) cun número de 42 usuarios fixos e un número variable de nenos e nenas que asistían de xeito ocasional. Na actualidade está funcionando en catro centros educativos como son o CEIP A Maía, o CEIP Agro do Muíño, a EEI Milladoiro e o CEP de Ventín, dirixíndose ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e Primaria, cun total de 235 usuarios/as fixos/as, segundo o censo do servizo do mes de maio.

Os rapaces e rapazas que forman parte de Bos días cole acoden antes á escola e permanecen nela ata o inicio das clases, facilitándolle así aos pais e nais que teñan que entrar aos seus traballos a unha hora moi temperá a posibilidade de deixar os fillos e fillas na escola.

Tardes divertidas é unha oferta educativa e de ocio promovido polo goberno municipal para permitir que os pais e nais que traballan durante a tarde teñan un lugar onde deixar aos seus fillos para que poidan estudar e xogar baixo o control duns monitores. É un programa que tamén vai dirixido aos nenos e nenas que cursan 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria. O horario do servizo é desde o remate do comedor escolar ata as 21:00 horas da noite e nel participan un total de 105 usuarios.

Prazo de matrícula
O prazo de matrícula aberto dende o día 15 de xuño rematará o 15 de xullo. Os pais e nais dos nenos/as admitidos/as teñen que recoller a documentación de matrícula na oficina municipal do Milladoiro ou no departamento de educación en Bertamiráns, en horario de 9:00 h. a 14:00 horas. Para máis información pódese poñer en contacto coa oficina municipal do Milladoiro ou co departamento de Educación en Bertamiráns, chamando ao teléfono 981 891 476.

Anteriormente xa se abriu un prazo para a renovación de prazas neste servizos. Este ano a principal novidade foi que houbo que realizar a renovación de praza non só no servizo de comedor senón tamén en Bos días cole e Tardes divertidas.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "Verano para todos los gustos en Cee, A Estrada y O Son Ames apura la matrícula de los servicios complementarios de la red de comedores"
La Voz de Galicia: "La matrícula en los servicios de conciliación en Ames acaba el 15 de julio"