Pestanas principais

Numerosos veciños e veciñas encheron a praza do Concello para participar nas Prebadaladas de Aninovo

Xoves, 02 de xaneiro de 2020

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou este pasado martes, 31 de decembro, unha novidosa actividade que se enmarca dentro da programación de Nadal. Numerosos veciños e veciñas asistiron ás Prebadaladas 2020, que se desenvolveron na praza do Concello, en Bertamiráns. O actor e humorista, veciño de Ames, Pepo Suevos, encargouse de amenizar o evento dende as 11.00 horas. Houbo degustación gratuíta de chocolate con churros, castañas, algodón de azucre, flocos de millo e roxóns. Tralas prebadaladas actuou a artista Thais Rudiño, veciña de Ames e finalista da cuarta edición do programa televisivo “La Voz”.

A primeira edición das Prebadaladas de aninovo foi un éxito. Varios centos de veciños e veciñas encheron a praza do Concello para participar nesta nova iniciativa organizada polo Concello de Ames dentro da programación de Nadal. As actividades comezaron ás 11.00 horas da man do actor e humorista Pepo Suevos. Arredor das 12.00 horas coméronse as 12 uvas de lambonada e os 12 arandos (doados pola froitaría Tómate Más Fruta de Bertamiráns) para celebrar o aninovo. Tralas badaladas houbo degustación gratuíta de chocolate con churros, castañas, algodón de azucre, flocos de millo e roxóns de Casa Abelleira.

Cómpre destacar tamén a alfombra floral realizada por 12 integrantes da Asociación Cultural San Xoanciño de Alfombristas de Ames, na que se podía ler  Feliz ano 2020 e na que se reproduciu o logotipo do Concello de Ames. Na elaboración de dita alfombra tamén participaron Manuel Alonso Loriente, presidente da Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efímera, así como integrantes das asociacións de alfombristas de Bueu e Rianxo.

Dende a Asociación Cultural San Xoanciño de Alfombristas de Ames agradécenlle ao Concello de Ames a posibilidade de participar nesta iniciativa coa elaboración desta alfombra floral, que foi a última de 2019 feita en Galicia.

Para animar a festa contouse coa actuación da artista amesá, Thais Rudiño, finalista da cuarta edición do programa televisivo “La Voz”. Thais formou parte do grupo Supernatural, co que presentou o seu primeiro álbum editado en dúas edicións; “Nada que fingir” (castelán) e “ Nothing to pretend” (inglés). Actualmente está centrada no seu proxecto en solitario e no evento das prebadaladas interpretou algúns dos temas do seu próximo traballo discográfico.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou que “superáronse as previsións de participación o que provocou que quedásemos sen bolsas de cotillón e sen uvas de lambonada para os nenos e arandos para os adultos. Visto o éxito desta iniciativa para o próximo fin de ano repetiremos. Intentaremos mellorar naqueles erros que tivemos este ano e encher, aínda máis a praza do Concello, para o vindeiro 31 de decembro de 2020”.

Numerosos veciños e veciñas encheron a praza do Concello para participar nas Prebadaladas de Aninovo

Multimedia

  • Numerosos veciños e veciñas encheron a praza do Concello para participar nas Prebadaladas de Aninovo