Luns, 18 de marzo de 2013
[18-03-2013] O sábado pasado, ás 12:00 horas, tivo lugar no centro comercial NovoMilladoiro, situado nas inmediacións do pavillón do Milladoiro, o sorteo da campaña de fomento do comercio, `Merca en Ames, sairás gañando´, posta en marcha polas catro asociacións de comerciantes. Esta campaña incluíu o sorteo dun coche eléctrico e de nove electrodomésticos (entre os que se atopan unha pantalla de plasma, un aspirador ou un microondas) a través dos boletos de participación que se puideron conseguir ao realizar calquera compra nos establecementos asociados. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás descargar a relación de números premiados.




