Pestanas principais

Nova visita do alcalde e da concelleira de Promoción Económica para coñecer as instalacións de Alfonsín Digital LAB

Xoves, 17 de marzo de 2022

Esta semana o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e mailo técnico de desenvolvemento local, Juan Carlos Carreja, visitaron as instalacións do estudo de postprodución Alfonsín Digital LAB, que está situado na rúa do Agrelo, en Bertamiráns. Trátase dunha empresa punteira nos servizos de edición; postprodución; DIT - traballo en set; dixital cinema – DCP; laboratorio dixital; e calibración - xestión de cor. Realizaron traballos de postprodución en series e longametraxes emitidas nas plataformas Amazon Prime Vídeo, HBO Max, Netflix e Movistar como Operación Marea Negra; Rapa; El desorden que dejas; ¿Dónde está Marta?; Hierro; Auga Seca; La Unidad; Néboa; etc.

Continúa a rolda de visitas ás empresas do sector audiovisual que están situadas no concello de Ames. Esta semana o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e mailo técnico de desenvolvemento local, Juan Carlos Carreja, visitaron as empresa Producciones audiovisuales Setemedia, situada no parque empresarial Novo Milladoiro, e mailo estudo de postprodución Alfonsín Digital LAB, que se atopa na rúa do Agrelo, en Bertamiráns. Na visita feita ás instalacións da empresa Alfonsín Digital LAB foron recibidos por Fernando Alfonsín.

Alfonsín Digital LAB é un estudo de postprodución creado no ano 2017 que ofrece os servizos de edición; postprodución; DIT - traballo en set; dixital cinema – DCP; laboratorio dixital; e calibración - xestión de cor. Este estudo conta con certificación Dolby Vision Certified Facility para Post e Deliveries HDR.

Este estudo realizou traballos de postprodución para moitas das series que se emiten nas plataformas Amazon Prime Vídeo (Operación Marea Negra, 3 Caminos), HBO Max (Auga Seca), Netflix (¿Dónde está Marta?, El desorden que dejas), Movistar (Rapa, La Unidad, Hierro) e TVE (Néboa, El Final de Camino). Tamén realizou traballos de postprodución en longametraxes (Código Emperador, Valentina, Ons, Cuñados, María Solinha, Elisa y Marcela, o Apóstolo, etc.) e documentais (Extremos Sur).

Esta visita enmárcase na rolda de contactos coas diferentes empresas do sector audiovisual que están situadas no concello de Ames. A visita serviu como toma de contacto e para buscar vías de colaboración entre ambas partes. Alcalde e concelleira coñeceron as instalacións deste estudo de postprodución e mantiveron unha xuntanza con Fernando Alfonsín, administrador da empresa.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou “a calidade dos traballos realizados neste estudo de postprodución. É un orgullo para Ames contar con esta empresa xa que moitas das mellores series e longametraxes que se ven a nivel estatal nas diversas plataformas que existen na actualidade, pasaron por aquí para realizar traballos de postprodución. Temos que agradecer a Fernando Alfonsín a súa amabilidade na visita e por ensinarnos o traballo que realiza neste estudo”.    

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, dixo “seguimos visitando as empresas do audiovisual e coñecéndoas polo miúdo. Agradecer a todas elas que sigan asentadas en Ames e aposten polo noso concello para seguir medrando”.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Miman el audiovisual maiano con visitas a Alfonsín y Setemedia"

Enfoques: "Nueva visita de Blas García para conocer las instalaciones de Alfonsín Digital LAB"

Imaxe da visita ás instalacións de Alfonsín Digital LAB

Multimedia

  • Imaxe da visita ás instalacións de Alfonsín Digital LAB
  • Imaxe da visita ás instalacións de Alfonsín Digital LAB
  • Imaxe da visita ás instalacións de Alfonsín Digital LAB