Pestanas principais

A Noite de Estrelas suspendida o pasado venres terá lugar este mércores 26 de xullo

Martes, 25 de xullo de 2017

[25-07-2017] A Noite de Estrelas programada para o pasado venres, 21 de xullo, tivo que ser cancelada por causas meteorolóxicas. Porén, xa hai nova data. Será este mércores, 26 de xullo, entre as 22:30h e a 1:00h, no Alto de San Marcos (na estrada a Ameixenda). Para achegarse ata alí, haberá servizo de autobuses tanto desde Milladoiro como desde Bertamiráns. Recoméndase levar roupa de abrigo e unha lanterna.

As Noites de Estrelas fan parte do programa TODOCOSMOS,A astronomía ao alcance de todos. Unha iniciativa organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela, cuxo obxectivo é a realización de actividades de divulgación astronómico en varios concellos de Galicia. As súas actividades están pensadas para todas as idades e contan sempre coa colaboración dos concellos participantes.

Alén de Ames, tamén participan desta iniciativa os Concellos de Padrón, Teo, Ordes, Porto do Son, Vilar de Santos, Ribadeo, Vila de Cruces, Valdoviño, Oroso, Outeiro de Rei, Lalín, Rianxo, Boqueixón, Noia, Sanxenxo, Allariz e Barbadás. Este mércores será, finalmente, a quenda das veciñas e veciños de Ames que, durante esa noite, terán a oportunidade de coñecer o mundo da astronomía.

Para achegarse ata o Alto do San Marcos haberá servizo de autobuses. No Milladoiro, o autobús sairá da Casa da Cultura ás 21:30 horas e en Bertamiráns farao ás 21:45 desde a Praza do Concello. A volta está prevista para a 1:00h, ao remate da actividade. Para obter máis información pódese contactar coa Aula da Natureza a través do teléfono 660 004 665 ou do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Os amienses poderán desfrutar dunha noite de estrelas no Alto de San Marcos"