Pestanas principais

No día de hoxe catro empresas xa presentaron as súas ofertas para participar no proceso de licitación do servizo público do ciclo integral da auga

Venres, 10 de outubro de 2014

[10-10-2014] Este venres, 10 de outubro, finaliza o prazo para presentar ofertas no proceso de licitación do ciclo integral da auga. Ata o de agora o Concello de Ames xa conta cun mínimo de catro ofertas, para xestionar o servizo público de abastecemento domiciliario de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais do concello de Ames por un período de nove meses. Cómpre lembrar que o anuncio da licitación saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o pasado 2 de setembro. O seguinte paso será a constitución da mesa de contratación, que procederá a cualificar a documentación de carácter xeral e os defectos ou omisións.

Ata este momento presentáronse catro ofertas para xestionar un dos servizos máis importantes do concello de Ames. Aínda que hai que ter en conta que o prazo de presentación de solicitudes remata este venres, 10 de outubro, á media noite, polo que é posible que haxa algunha oferta máis.

Cómpre lembrar que o anuncio da licitación saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o pasado 2 de setembro. A partir do día 3 de setembro os licitadores tiveron 30 días naturais para presentar as súas propostas no rexistro xeral do Concello. Unha vez finalice o prazo de presentación de ofertas, o seguinte paso será a constitución da mesa de contratación que procederá a cualificar a documentación de carácter xeral e os defectos ou omisións. A continuación, reunirase para proceder a verificar a documentación xeral.

Licitación por un período de nove meses
Dende o goberno municipal manifestan que “se adoptou esta decisión despois de que a proposta de licitar este servizo, por un período de dous, anos fose rexeitada nos plenos de maio e xuño por parte dos concelleiros/as da oposición”.

A concelleira de Medio Ambiente engade que “debido a iso, e como un servizo tan importante como este non pode quedar sen relación contractual, tivemos que optar por aprobar en Xunta de Goberno Local a licitación de dito servizo por un período de nove meses”.

“Esta é a opción menos prexudicial para o Concello de Ames e a partir de que se adxudique á nova empresa, esta terá que asumir gastos que na actualidade asume o Concello, aparte de ingresar un canon, o que suporá un alivio económico para o propio Concello”, apunta a edil amiense.

Segundo explica María Eugenia Martín “ata que remate o proceso de licitación, o servizo de abastecemento e de saneamento municipal está garantido e seguirase prestando con total normalidade, como se veu facendo ata o de agora”.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Cuatro empresas optan al contrato del agua de Ames por un período de 9 meses"
El Correo Gallego: "Ames recibe varias ofertas para gestionar las fecales y traída por nueve meses"