Pestanas principais

Nadia Iglesias campioa de España de patinaxe, Daniel Mato campión de España en lanzamento de xavelina, Samuel Míguez campión galego de natación e Gabriel Martínez medalla de ouro en K1 200 metros

Luns, 02 de xullo de 2018

[02-07-2018] Esta pasada fin de semana estivo chea de éxitos deportivos para os rapaces e rapazas de Ames. A patinadora Nadia Iglesias de Salvador, do Club de Patinaxe Artístico Maxia da Coruña, vén de revalidar o título de campioa de España de patinaxe artístico na categoría júnior. Tamén cómpre destacar que Daniel Mato, do club de atletismo MillaRaio, foi campión de España sub 16 en lanzamento de xavelina. Asemade, o amesán, Samuel Míguez Feijóo, do club de natación Cidade de Santiago, gañou o campionato galego alevín (13 anos) de natación en 100 metros e 200 metros braza. Por último, Gabriel Martínez Pachón, do club de piragüismo Ribeiras do Tambre, gañou o campionato galego xuvenil en K-1 200 metros. O propio Gabriel Martínez e Ángel González Gómez, acadaron a medalla de prata en K-2 1000 metros.


A amesá, Nadia Iglesias de Salvador, do Club de Patinaxe Artística Maxia da Coruña, logrou revalidar a medalla de oro da categoría júnior conseguida xa o ano pasado en Platja d’Aro (Xirona). Este ano dito campionato disputouse os días 28, 29 e 30 de xuño no Palacio dos Deportes de Riazor en A Coruña. A estes dous títulos hai que sumar a medalla de ouro, en categoría xuvenil, lograda en 2016 en Alcoy (Alacante), así que este é o seu terceiro título nacional consecutivo. A patinadora amesá realizou dous brillantes programas cunha execución practicamente perfecta.

Tamén cómpre destacar que Daniel Mato, do club de atletismo MillaRaio do Milladoiro, foi campión de España sub 16 en lanzamento de xavelina, conseguindo un lanzamento de 51,85 metros. A medalla de ouro conseguina este pasado sábado, 30 de xuño no campionato celebrado en Castellón.

Asemade, o amesán, Samuel Míguez Feijóo, do club de natación Cidade de Santiago, gañou o campionato galego alevín (13 anos) de natación en 100 metros e 200 metros braza. Dito campionato disputouse os días 30 de xuño e 1 de xullo na piscina municipal Rosario Dueñas, en Ourense. Deste xeito, consegue a mínima nestas dúas modalidades para disputar o campionato de España que se celebrará do 19 ao 22 de xullo en Sabadell.

Por outra banda, este pasado sábado, 30 de xuño, disputouse no embalse de Verducido (Pontevedra), o campionato galego de pista xuvenil e sénior. Neste caso, o club Ribeiras do Tambre participou en dito campionato con rapaces e rapazas de categoría xuvenil conseguindo unha medalla de ouro e outra de prata. Deste xeito, Gabriel Martínez Pachón foi o gañador en K-1 200 metros, proclamándose campión galego. O propio Gabriel Martínez e Ángel González Gómez quedaron en segunda posición en K-2 1000 metros, logrando o subcampionato de Galicia. Ademais, a parella formada por Alicia Medina e Lorena Viaño quedou na quinta posición en K-2 500 metros.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Nadia Iglesias: «Para mí, entrenar son las vacaciones, porque patinar es lo que más me gusta»"
El Correo Gallego: "Nadia Iglesias revalida su título en el Nacional júnior"
Lindeiros: "Ames celebra as vitorias nacionais e autonómicas de varios deportistas"