Pestanas principais

Nadia Iglesias acada a prata no XXVII Campionato de España júnior e sénior de Patinaxe Artística

Sábado, 08 de xuño de 2019

Este xoves arrincou en Bilbao o XXVII Campionato de España júnior e sénior de Patinaxe Artística, organizado pola Federación Vasca de Patinaxe e a Real Federación Española de Patinaxe. Na categoría feminina sénior, a patinadora amesá Nadia Iglesias acadou o segundo posto, mentres que o ouro foi para Carla Escrich. Entre os logros da deportista galega, que en 2017 conseguiu o primeiro campionato de Europa da historia do patinaxe artístico galego, encóntranse a medalla de prata acadada en setembro do 2018 no Campionato europeo de patinaxe artístico, así como o título de campioa de España conseguido en xuño.

O polideportivo La Casilla de Bilbao acolleu do 30 de maio ao 1 de xuño o XXVII Campionato de España júnior e sénior de Patinaxe Artística. No evento, a patinadora amesá Nadia Iglesias de Salvador, acadou a prata na categoría feminina sénior cunha puntuación de 122,70 puntos. O primeiro posto foi para a patinadora Carla Escrich, con 150,28 puntos, mentres que o bronce quedou nas mans de Nuria Gas, con 102,08 puntos.

No tocante á categoría senior masculina, o primeiro posto foi para Pere Marsinyach, que acadou unha puntuación de 223,93 puntos, seguido por Llorenç Álvarez con 192,07 puntos e Sergio Canales con 188,35 puntos. Por outra banda, na categoría junior feminina  Lidia Pujol acadou a medalla de ouro con 92,89 puntos, a prata foi para Nonaya Cuervo con 89,56 puntos e o bronce para Anna Castelltort con 88,04 puntos. Pau García proclamouse gañador na masculina con 187,36 puntos, seguido por Iván Pérez con 167,58 e Álex Medina con 122,80 puntos.

Unha traxectoria marcada polos éxitos
Nadia Iglesias conta cunha longa lista de éxitos acadados nos últimos anos, entre os que se encontra o seu cuarto posto no Mundial júnior de patinaxe artístico celebrado en outubro de 2018 en Francia, a medalla de prata no campionato europeo disputado en setembro nas Illas Azores, a revalidación do título de campioa de España en xuño do pasado ano, a medalla de ouro conseguida no campionato de Europa de 2017 ou o terceiro posto no mundial júnior disputado en Nanjing (China), no que competiu como campioa do campionato europeo. Neste momento, a patinadora atopase na provincia de Tarragona como membro do Reus Deportiu.

Nadia Iglesias no campionato de España

Multimedia

  • Nadia Iglesias acadou a medalla de prata no campionato de España
  • Nadia Iglesias acadou a medalla de prata no campionato de España
  • Nadia Iglesias acadou a medalla de prata no campionato de España